31 de diciembre de 2015

Grupo 2º-3ºESO

Comezamos este curso coa lectura de "Pomelo y limón", de Begoña Oro; estas son algunhas das nosas opinións:



- A mi el libro de Pomelo y Limón me gustó porque me gustan las historias de amor y se ve que los protagonistas luchaban por estar juntos. Otra cosa que también me gustó fue el final, que fuera el portero el que acabar escribiendo el libro.
P.D: sigo viendo raro lo de la bufanda.


- A miña opinión sobre o libro de Pomelo e Limón é bastante boa, posto que me gusta bastante a súa historia. Ao principio era un pouco rollo, pero a medida que ías lendo parecíache bastante interesante: os debuxos que lle manda Jorge a María, e o blog de María, que tiña algo que ver con outra rapaza á que lle pasaba o mesmo que a ela.
Na miña opinión, aínda que xuntase dúas historias, o libro é bastante bo. Firmado Nerea Rey (2ºA)


Na 2ª avaliación pasamos a ler "Poderosa", de Sergio Klein:

Xa comezada a 3ª avaliación estivemos lendo "El ordenador asesino", de Christian Grenier:


un libro intrigante e desconcertante...

Grupo 1ºESO Drácula

Este curso, comezamos lendo un libro de medo: "Drácula" de Bram Stocker nunha adaptación de Jesús Cortés; estas son algunhas opinións sobre el:


- A min gustoume o libro e recoméndoo porque é bastante interesante e... a verdade é que da algo de medo pero é moi misterioso.   Firmado: Sandra Oubiña Barreiro (1ºESO)

- A min o libro pareceume moi entretido, porque houbo moitas partes de intriga e misterio, pareceume un gran libro.  Firmado: Dani Oubiña Meis (1ºESO)

- A min gustoume porque é misterioso un pouco de medo e intriga. A min gustoume moito. Firmado : Damián Martínez (1ºESO)


A continuación estivemos lendo "O misterio das badaladas", de Xabier P. DoCampo:

Foi un libro que nos gustou moito, e que recomendamos a súa lectura.



Finalmente, xunto co grupo de 1º-2º ESO do IES A Basella, lemos: "La increíble historia de la abuela gangster", de David Walliams:

Pareceunos divertido, ás veces un pouco infantil, pero o desenlace resultounos bastante triste e inesperado........




Arranca o novo curso!

Despois da xuntanza do club de verán comezamos con ganas o novo curso:
Novos participantes e outros que continuades,
novas lecturas, e encontros,
novas actividades, ...

24 de junio de 2015

Club de verán

Ciudades de papel (título orixinal en inglés: Paper Towns) é a terceita  John Green. Editouse por primeira vez no 2008, pero está de plena actualidade porque unha adaptación cinematográfica vaise estrear o 7 de agosto de 2015. Estará protagonizada por Cara Delevingne, como Margo Roth Spiegelman e Nat Wolff como Quentin, o "Q".  
De que vai:
Conta a historia de Quentin, un adolescente que vive ó lado da preciosa Margo Roth Spiegelman quenes foron moi amigos dende pequenos. Despois dun tempo a súa relación vaise perdendo. Cando Margo e Quentin perderon xa todo contacto, unha noite Margo aparece na ventana de Quentin para pedirlle o seu coche. Ól final, Quentin termina acompañando a Margo para vingarse do seu exmozo gastándolle bromas.  Á mañá seguinte, cando Quentin vai ó instituto, Margo xa non está. Cando se da conta que desapareceu trata de atopala a toda costa. 


Se queredes podemos ir comentando algo no Facebook do farolendo

Esperamos que vos guste e desfrutedes desta e máis lecturas veraniegas!!!

22 de junio de 2015

Festa Club de Lectura

Festa Club de Lectura by Slidely Photo Gallery

Xogo de pistas Teatro-Club de lectura

eva pazos de Slidely by Slidely Slideshow

Quedada co club de A Basella

Este curso comezou a andaina o club do IES A Basella, os nosos alumnos de 4º ESO se continúan bacharelato o fan neste centro. Por éste razón consideramos que podería ser interesante que coñecesen aos participantes do seu club, xa que poderían continuar lendo con eles o vindeiro curso.
Con isto tratamos de unir lazos e potenciar a realización de actividades conxuntas, que é unha das liñas directrices de ambos clubs para o vindeiro curso académico.
O venres 12 de xuño fomos cos catro alumnos de 4º ESO ata a Basella durante o tempo do seu segundo recreo. Coñeceron a dúas das alumnas de bacharelato, unhas grandísimas lectoras e a Raquel, a profesora coordinadora. Recomendáronse lecturas, falaron das que máis lle tiñan gustado e compartiron un rato de charla sobre cada un dos clubes.

Foi unha bonita experiencia que pensamos repetir e de ser posible ampliar con visitas, roteiros...