24 de junio de 2015

Club de verán

Ciudades de papel (título orixinal en inglés: Paper Towns) é a terceita  John Green. Editouse por primeira vez no 2008, pero está de plena actualidade porque unha adaptación cinematográfica vaise estrear o 7 de agosto de 2015. Estará protagonizada por Cara Delevingne, como Margo Roth Spiegelman e Nat Wolff como Quentin, o "Q".  
De que vai:
Conta a historia de Quentin, un adolescente que vive ó lado da preciosa Margo Roth Spiegelman quenes foron moi amigos dende pequenos. Despois dun tempo a súa relación vaise perdendo. Cando Margo e Quentin perderon xa todo contacto, unha noite Margo aparece na ventana de Quentin para pedirlle o seu coche. Ól final, Quentin termina acompañando a Margo para vingarse do seu exmozo gastándolle bromas.  Á mañá seguinte, cando Quentin vai ó instituto, Margo xa non está. Cando se da conta que desapareceu trata de atopala a toda costa. 


Se queredes podemos ir comentando algo no Facebook do farolendo

Esperamos que vos guste e desfrutedes desta e máis lecturas veraniegas!!!

22 de junio de 2015

Festa Club de Lectura

Festa Club de Lectura by Slidely Photo Gallery

Xogo de pistas Teatro-Club de lectura

eva pazos de Slidely by Slidely Slideshow

Quedada co club de A Basella

Este curso comezou a andaina o club do IES A Basella, os nosos alumnos de 4º ESO se continúan bacharelato o fan neste centro. Por éste razón consideramos que podería ser interesante que coñecesen aos participantes do seu club, xa que poderían continuar lendo con eles o vindeiro curso.
Con isto tratamos de unir lazos e potenciar a realización de actividades conxuntas, que é unha das liñas directrices de ambos clubs para o vindeiro curso académico.
O venres 12 de xuño fomos cos catro alumnos de 4º ESO ata a Basella durante o tempo do seu segundo recreo. Coñeceron a dúas das alumnas de bacharelato, unhas grandísimas lectoras e a Raquel, a profesora coordinadora. Recomendáronse lecturas, falaron das que máis lle tiñan gustado e compartiron un rato de charla sobre cada un dos clubes.

Foi unha bonita experiencia que pensamos repetir e de ser posible ampliar con visitas, roteiros...




Lecturas do 3º trimestre



Estos son os libros que leron os grupos de 1º e 2º ESO. Un dos grupos comezou a ler a segunda parte de Dragal, pero como non ía dar tempo o deixaron para o vindeiro curso e colleron un menos voluminoso e clásico: Drácula! Incorporamos a profesora Marta coa lectura do libro de Pepe Carreiro, estemos encantados de que se animase a participar!
O grupo de 3º e 4º puido escoller cada un un comic diferente: "Tamara, mi primera vez", "Solos", "Pedro y el lobo", "A mansión dos pampín", "Flores desde Hiroshima", "El azul es un color cálido", "Arrugas", "Enciclopedia de la Tierra Temprana", "El viaje del Skleton", como xa veu sendo a tónica habitual deste curso éste grupo non funcionou tampouca ben, xa que cos exames non puideron adicarlle tempo ó club. Unha mágoa.