22 de junio de 2015

Quedada co club de A Basella

Este curso comezou a andaina o club do IES A Basella, os nosos alumnos de 4º ESO se continúan bacharelato o fan neste centro. Por éste razón consideramos que podería ser interesante que coñecesen aos participantes do seu club, xa que poderían continuar lendo con eles o vindeiro curso.
Con isto tratamos de unir lazos e potenciar a realización de actividades conxuntas, que é unha das liñas directrices de ambos clubs para o vindeiro curso académico.
O venres 12 de xuño fomos cos catro alumnos de 4º ESO ata a Basella durante o tempo do seu segundo recreo. Coñeceron a dúas das alumnas de bacharelato, unhas grandísimas lectoras e a Raquel, a profesora coordinadora. Recomendáronse lecturas, falaron das que máis lle tiñan gustado e compartiron un rato de charla sobre cada un dos clubes.

Foi unha bonita experiencia que pensamos repetir e de ser posible ampliar con visitas, roteiros...




No hay comentarios:

Publicar un comentario