28 de octubre de 2013

Club 1º a 3º ESO

Xa comezou a súa andaina o club de 1º a 3º ESO. Está formado únicamente por rapazas animadas e lectoras!! Pero se agún rapaz ou rapaza quere incorporarse será moi ben recibido!


Para comezar recibiron algúns regaliños. Aquí podedes verlos ;)


Escolleron a súa primeira lectura: Drácula!! Moi axeitado para éstas datas.

Xa tiveron a súa primeira reunión e parece que o fragmento seleccionado a algunhas quedóuselles escaso. O profesor (José Antonio de relixión) que as acompaña aportoulles moitas ideas para buscar por internet.

Como o próximo venres é festivo a súa próxima reunión será o 8 de novembro.

Feliz lectura na ponte de tódolos santos!!

Ahh!! poderíades poñervos un nome para o club!

17 de octubre de 2013

Empezamos a nosa andaina!

Mañan, venres 18 de Outubro de 2013, durante recreo na biblioteca teremos a primeira reunión dos Clubes de Lectura. 

Excepcionalmente faremos primeiro unha reunión conxunta dos dous Clubes, e logo cada grupo escollerá a súa primeira lectura de entre todos os libros que temos na biblioteca con exemplares suficientes para todos os membros.

Fixaremos as nosas reunións semanais, e haberá algunha sorpresiña...

Creo que o pasaremos ben e....a ler!!