3 de febrero de 2017

CLUB DE ADULTOS


http://www.librolibro.es/images/portadas/O_anxo_negro-Gago_Manuel-9788499149851.jpgO club de lectura de adultos do IES Faro das Lúas vén de concluír a súa lectura. A escolla, “O Anxo negro”, de Manuel Gago. Logo do lecer da lectura e desta apaixonante trama ambientada no roubo de imaxes sacras a fins do século pasado, os membros do club fixemos un roteiro contando coa inestimable presenza do autor. Comezamos polo mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, tamén por un dos cruceiros máis antigos de Galicia, pasamos polo castelo natural cravado nas rochas e penedos da serra que abriga a Esteiro, alí xogamos ao “alquerque” cos vixías da ría . Descubrimos unha estatua granítica que estivo soterrada no prebisterio da capela do Espírito Santo en Muros, cunha lenda que garda moitas concomitancias coa novela. Tomamos unha cervexa no “Bar Pirata” de Caldebarcos, o “drake” na ficción, xunto co catalán Jordi Jato (Andreu Meis), para percorrer as rúas de Corcubión da man de Alejandro Lamas, o Nicolás Bren que máis sabe da presenza dos corsarios pola costa da morte; rematando en San Pedro de Buxantes, Dumbría. Un roteiro que fixo mais saborosa a lectura do Anxo Negro.




IMAXES DO ROTEIRO















CLUB DE LECTURA 2016-2017





Este curso académico, o club de lectura está constituído por catro grupos escolares e un grupo de adultos.

Os grupos de alumnos son:

  • 1º da ESO.
  • 2º da ESO.
  • 2º da ESO con alumnos de 3º da ESO.
  • 3º da ESO con alumnos de 4º ESO.
  • Club de adultos (profesores, persoal administrativo e pais).

Benvidos a un novo ano de lecturas apaixoantes no que vos manteremos informados puntualmente das novas que vaian xurdindo en cada grupo.