12 de mayo de 2015

2º trimestre: Apocalipse Z, o comezo da fin

O grupo de 3º e 4º ESO empezou a ler o primeiro libro dunha triloxía de éxito mundial.
Apocalipse Z: o comezo da fin; é o primeiro da saga, e xa está traducido ó galego.
Este grupo non está funcionando ben, sobre todo en vir as reunións, propoñer lecturas, actividades... Interese hai, pero falta arranque e compromiso...
Isto demóstrase en que só dúas persoas do grupo acabamos o libro, eu (a profe) e unha alumna moi lectora. A ambas gustounos, e persoalmente gustaríame completar a triloxía...probablemente será unha lectura de praia no verán!
Penso que non se trata tanto cal sexa a lectura, é máis tomalo en serio, participar...
A ver que nos decanta o terceiro trimestre, espero que sexa máis productivo!

2º trimestre: DRAGAL, a herdanza do dragón

Un grupo de alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO neste segundo trimestre leu "Dragal: a herdanza do dragón"
Foi unha recomendación da profesora de galego, o cal lle agradecemos moito, porque cumplía as suxestións dos alumnos a alumnas.
Querían ler un libro fantástico, con lendas, guerreiros, aventuras... e éste libro cumpre éstes requisitos á perfección.

Ademáis eles mesmos suxeriron o profesor que querían que os acompañase na lectura, aínda que custou un pouquiño convencelo, finalmente Isidoro acompañounos na lectura desta novela.

Ademáis existe moito material para facer actividades extra. Como xogos!
Na seguinte ligazón podedes ver un mapa no cal se foron rexistrando lugares que concordan coa lectura...deberíamos incluír algúns da nosa comarca!

A editorial xerais xa sacou a continuación: a estirpe do dragón...seguiremos lendo estas aventuras?

2º trimestre: Buenos días, princesa

Neste pasado trimestre os alumnos dun grupo de 1º e 2º leron o bestseller "Buenos días, princesa"

Gustoulles moito a todos e todas os alumnos/as!

Algúns queren continuar coa segunda parte, pero iso é algo que aínda temos que decidir entre todos. Á profesora Carmen, que o leu canda eles non lle gustou demasiado, parece que lle recordaba moito ás series para adolescentes...pero bueno...un pouco tamén se trata diso...

Como hai unha película recente baseada na novela quedamos en vela e comentar canto de parecido hai entre o guión (proposta cinematográfica) e a novela en sí mesma.
Así puidemos dicir que "as pesoaxes para nós non están de todo ben escollidas e que a personalidade dalgúns deles non se corresponde coa interpretación que fixemos durante a nosa lectura"