16 de octubre de 2014

Retomando o club!

Desculpade a tardanza....entre tanta reunión non dou tido un recreo libre....
Pero agora si que si!
MARTES 21 OUTUBRO 
1ª REUNIÓN CONXUNTA
AULA: ANTIGO 4º B
(ao final do corredor, arriba, a dereita)

Que ganas de volver empezar!!!

22 de junio de 2014

As lecturas de verán xa nos agardan!

Un pequeno resumo das nosas últimas actividades: 


Debate e resumo dos pensamentos que nos provocou a lectura de Arrugas nun cartel. 
Sairon cousas bastante interesantes sobre qué aportan as persoas maiores e tamén sobre qué necesitan de nos. 


Teatro Interactivo, aquí veredes un pequeniño resumo da actividade. Moitísimas grazas a Fátima e a todas as alumnas e alumnos do Grupo de Teatro xa que organizaron unha actividade moi entretida coa que o pasamos todos fenomenal! Estivo ben iso de resolver un misterio con pistas nos libros!! Encantounos!!


Como agasallo puidemos participar todos na excursión a Ons xunto cos premiados nos distintos concursos do centro. Algúnha pensou que máis que un premio era un castigo...camiñar, camiñar...como cansa as veces! Pero o rato de praia quizais compensase o calor da camiñata cun refrescante baño nas augas do Parque Nacional Illas Atlánticas!

16 de junio de 2014

Últimas cousas

Pois finalmente no xogo de taboleiro de Juegos del Hambre temos dúas gañadoras (de piruletas, pero gañadoras) Camila e Nuria. E por fin rematamos o mapa dos distritos, ahí vai a proba. moi guapos e sorintes! Como ten que ser!

29 de mayo de 2014

Xogo de taboleiro "Los Juegos del Hambre"

Emocionante final...menuda partida, xa ímos polo terceiro día, pero parece que pronto teremos vencedores dos nosos 74º Xogos da Fame...e que tamén "profe, menudo traballo pasaches co xogo, no? saiuche un pouco longo". Certo, certo, pero así ten máis emoción.

Despois de pasear as piruletas de premio durante unha semana no meu bolso...quen as conseguirá?? Cantos máis detalles recordedes do libro e da película, máis posibilidades!

Pronto subirei a foto do día que quedamos para ver a película. En breve saberemos os gañadores, espero que acabemos o mapa-cartel (para poñer tamén as fotos) e falaremos das nosas próximas lecturas!

Boas noites rapaces!

Visionando "El Resplandor"

Fai demasiado tempo que non actualizamos o blog...entre a excursión fin de etapa de 4º a Valencia, as vacacións, conmemoración das letras galegas, día do libro, olimpíada científico-lingüística....vamos que con tanta actividade non damos feito!!! 

Ambos clubes quedamos un par de martes a comer e ver unha película baseada nas nosas últimas lecturas.
Neste caso, as chicas pasaron algo de medo mirando a estremecedora "El Resplandor". E que tamén escollemos o día, parecía a propósito, martes 13, jejeje

Velaí van as mostras:


10 de marzo de 2014

Os Furabolos estamos a ler...

LOS JUEGOS DEL HAMBRE

Javier di: "É moi gordo"

Luís opina: "É moi entretenido, ainda que vou lento na lectura, porque non me gusta ler na casa, que non teño tempo"

Sheila xa o rematou!!

Temos un novo membro, Quique, que parece que se vai enganchando bastante a ésta lectura!

Unha proposta para cando rematemos o libro, ir xogar ao paintball...poderemos?

El Resplandor

O Clube de alumnas de 1º a 3º ESO leron a unha velocidade de vértigo El Resplandor. 

Tan rápido o leron que non me deu tempo nin a escribir a entrada correspondente (bueno, en parte tamén porque perdera a clave para entrar no blogue :&) 

Esperamos ver a películas como actividade complementaria á lectura! Chicas, nos contades qué vos pareceu o libro??