29 de mayo de 2014

Xogo de taboleiro "Los Juegos del Hambre"

Emocionante final...menuda partida, xa ímos polo terceiro día, pero parece que pronto teremos vencedores dos nosos 74º Xogos da Fame...e que tamén "profe, menudo traballo pasaches co xogo, no? saiuche un pouco longo". Certo, certo, pero así ten máis emoción.

Despois de pasear as piruletas de premio durante unha semana no meu bolso...quen as conseguirá?? Cantos máis detalles recordedes do libro e da película, máis posibilidades!

Pronto subirei a foto do día que quedamos para ver a película. En breve saberemos os gañadores, espero que acabemos o mapa-cartel (para poñer tamén as fotos) e falaremos das nosas próximas lecturas!

Boas noites rapaces!

Visionando "El Resplandor"

Fai demasiado tempo que non actualizamos o blog...entre a excursión fin de etapa de 4º a Valencia, as vacacións, conmemoración das letras galegas, día do libro, olimpíada científico-lingüística....vamos que con tanta actividade non damos feito!!! 

Ambos clubes quedamos un par de martes a comer e ver unha película baseada nas nosas últimas lecturas.
Neste caso, as chicas pasaron algo de medo mirando a estremecedora "El Resplandor". E que tamén escollemos o día, parecía a propósito, martes 13, jejeje

Velaí van as mostras: