31 de diciembre de 2015

Grupo 3º-4ºESO

Este curso comezamos lendo "O único que queda é o amor", de Agustín Fernández Paz; estas son as nosas opinións:

- O libro era moi entretido, con pequenas historias no seu interior pero detalles dela que che chegan de verdade.
Cada historia agochaba detrás dela un momento ou situación que de verdade pode pasar no día a día.
O que menos me gustou dunhas cantas historias foi que ten un final moi aberto e que non remata a historia.   Firmado: Xeila Rey (3ºB)


- Gústame porque consistía en varias historias curtas que trataban sobre o amor. Algunhas partes gustábanme pero outras non, e ao principio custaba entendelo. Recomendaríao a outras persoas porque non é difícil de ler.  Firmado: Rubén Oubiña (4ºA)


- O que máis me gustou foi que todas as historias que formaban o libro estaban unidas polo amor. O que menos me gustou é que as historias eran máis curtas e moitas veces tes a "necesidade" de ler máis.
En xeral o libro gústame bastante aínda que preferiría ler outro.   Firmado: Manuela Baúlde (3ºB)


- Gustoume que tratase de amor porque son o tipo de libros que máis me gustan. No me gustou que estivese escrito en galego, non son moi afeccionada á lectura galega.
Pero si o recomendaría, é curto e doado de ler.  Firmado: Andrea Aragunde (3ºA)


- Non me gustou porque tiña historias que acababa mal e eran moi deprimentes. Non o recomendo porque pareceume moi aburrido e non creo que lle guste a calquera persoa, só o recomendaría a alguén que queira ler un libro moi curto en galego.   Firmado: Estela Méndez (4ºA)


Despois, estivemos lendo "The host (la huésped)", de Stephany Meyer:
El libro en general nos gustó, es una doble historia de amor en un mundo de ficción.
Con personajes opuestos que tienen que aprender a vivir entre las ¨almas´´.
Con misterio y doble identidad que costará diferenciar.
A pesar de ser un libro muy largo es fácil de leer y muy llevadero.
¿Si tuvieras que luchar por un cuerpo en el que vivir?
¿Podrá el amor sobrevivir al fin del mundo?¿Y a su huesped?
Os lo recomendamos.



E para rematar, escollemos o libro "Querido Nadie", que nos deu para falar bastante sobre a actitude da protagonista ante un embarazo non desexado.
E rematamos este curso complementando esta lectura co visionado dun film bastante relacionado: Juno.






No hay comentarios:

Publicar un comentario