El placer de leer es doble cuando se vive con otra persona con la que compartir los libros.
Katherine Mansfield
3 de febrero de 2017
CLUB DE ADULTOS
O
club de lectura de adultos do IES Faro das Lúas vén de concluír a
súa lectura. A escolla, “O Anxo negro”, de Manuel Gago. Logo do
lecer da lectura e desta apaixonante trama ambientada no roubo de
imaxes sacras a fins do século pasado, os membros do club fixemos un
roteiro contando coa inestimable presenza do autor. Comezamos polo
mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, tamén por un dos cruceiros máis
antigos de Galicia, pasamos polo castelo natural cravado nas rochas e
penedos da serra que abriga a Esteiro, alí xogamos ao “alquerque”
cos vixías da ría . Descubrimos unha estatua granítica que estivo
soterrada no prebisterio da capela do Espírito Santo en Muros, cunha
lenda que garda moitas concomitancias coa novela. Tomamos unha
cervexa no “Bar Pirata” de Caldebarcos, o “drake” na ficción,
xunto co catalán Jordi Jato (Andreu Meis), para percorrer as rúas
de Corcubión da man de Alejandro Lamas, o Nicolás Bren que máis
sabe da presenza dos corsarios pola costa da morte; rematando en San
Pedro de Buxantes, Dumbría. Un roteiro que fixo mais saborosa a
lectura do Anxo Negro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario