El placer de leer es doble cuando se vive con otra persona con la que compartir los libros.
Katherine Mansfield
22 de junio de 2014
As lecturas de verán xa nos agardan!
Un pequeno resumo das nosas últimas actividades:
Debate e resumo dos pensamentos que nos provocou a lectura de Arrugas nun cartel. Sairon cousas bastante interesantes sobre qué aportan as persoas maiores e tamén sobre qué necesitan de nos. Teatro Interactivo, aquí veredes un pequeniño resumo da actividade. Moitísimas grazas a Fátima e a todas as alumnas e alumnos do Grupo de Teatro xa que organizaron unha actividade moi entretida coa que o pasamos todos fenomenal! Estivo ben iso de resolver un misterio con pistas nos libros!! Encantounos!!
Como agasallo puidemos participar todos na excursión a Ons xunto cos premiados nos distintos concursos do centro. Algúnha pensou que máis que un premio era un castigo...camiñar, camiñar...como cansa as veces! Pero o rato de praia quizais compensase o calor da camiñata cun refrescante baño nas augas do Parque Nacional Illas Atlánticas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario