Despois de nos dividir en tres grupos, decidimos por votación as lecturas, que son as seguintes:
Un dous grupos de 1º e 2º ESO está lendo "Vaiche boa!". Xa o curso pasado tivo moi boa acollida este libro, e parece que neste curso tamén lles está gustando. Estan a piques de rematar, cal será o seguinte?

E o grupo de 3º e 4º ESO están lendo "El sabueso de los Baskerville". Case, case, rematado xa. José Antonio, que e o profe que os leva, nunca nos defrauda coa súa orixinalidade enfocando as actividades derivadas do libro, parece que está pensando en facer unha posta en escea tipo "performance". Estamos moi intrigados!
Lamentablemente xa houbo algunha baixa no grupo de 1º e 2º, pero tamén algunha nova incorporación.
Seguimos abertos a quen se queira apuntar, por suposto!