IMAXES DO ROTEIRO
El placer de leer es doble cuando se vive con otra persona con la que compartir los libros. Katherine Mansfield
3 de febrero de 2017
CLUB DE ADULTOS
CLUB DE LECTURA 2016-2017
Este curso académico, o club de lectura está constituído por catro grupos escolares e un grupo de adultos.
Os grupos de alumnos son:
- 1º da ESO.
- 2º da ESO.
- 2º da ESO con alumnos de 3º da ESO.
- 3º da ESO con alumnos de 4º ESO.
- Club de adultos (profesores, persoal administrativo e pais).
Benvidos a un novo ano de lecturas apaixoantes no que vos manteremos informados puntualmente das novas que vaian xurdindo en cada grupo.
4 de julio de 2016
ACABA O CURSO E VOLTA... O CLUB DE VERÁN!!!!
14 de marzo de 2016
Club de Adultos
Poñemos en funcionamento por primeira vez no centro un Club de lectura de adultos, aberto a toda a comunidade educativa: antiguos alumnos, pais e nais, persoal non docente, profesores/as, ... que está sendo moi activo:
Comezamos lendo "A praia dos afogados" de Domingo Villar
Despois "Seda", de Alessandro Baricco:
A continuación "Marina" de Carlos Ruiz-Zafón:
Posteriormente, dividímonos en grupos para ler estes dous títulos:
E finalizamos cun libro de relatos, escrito pola académica española Soledad Puértolas: "El fin"
Comezamos lendo "A praia dos afogados" de Domingo Villar
Despois "Seda", de Alessandro Baricco:
A continuación "Marina" de Carlos Ruiz-Zafón:
Posteriormente, dividímonos en grupos para ler estes dous títulos:
E finalizamos cun libro de relatos, escrito pola académica española Soledad Puértolas: "El fin"
Rematamos o curso, con gañas de retomar este Club de Adultos á volta do verán, pois foron unhas reunións moi agradables, nas que nos fomos coñecendo, compartindo impresións, gustos, coñecementos, sentimentos, ...
31 de diciembre de 2015
Grupo 3º-4ºESO
Este curso comezamos lendo "O único que queda é o amor", de Agustín Fernández Paz; estas son as nosas opinións:
- O libro era moi entretido, con pequenas historias no seu interior pero detalles dela que che chegan de verdade.
Cada historia agochaba detrás dela un momento ou situación que de verdade pode pasar no día a día.
O que menos me gustou dunhas cantas historias foi que ten un final moi aberto e que non remata a historia. Firmado: Xeila Rey (3ºB)
- Gústame porque consistía en varias historias curtas que trataban sobre o amor. Algunhas partes gustábanme pero outras non, e ao principio custaba entendelo. Recomendaríao a outras persoas porque non é difícil de ler. Firmado: Rubén Oubiña (4ºA)
- O que máis me gustou foi que todas as historias que formaban o libro estaban unidas polo amor. O que menos me gustou é que as historias eran máis curtas e moitas veces tes a "necesidade" de ler máis.
En xeral o libro gústame bastante aínda que preferiría ler outro. Firmado: Manuela Baúlde (3ºB)
- Gustoume que tratase de amor porque son o tipo de libros que máis me gustan. No me gustou que estivese escrito en galego, non son moi afeccionada á lectura galega.
Pero si o recomendaría, é curto e doado de ler. Firmado: Andrea Aragunde (3ºA)
- Non me gustou porque tiña historias que acababa mal e eran moi deprimentes. Non o recomendo porque pareceume moi aburrido e non creo que lle guste a calquera persoa, só o recomendaría a alguén que queira ler un libro moi curto en galego. Firmado: Estela Méndez (4ºA)
Despois, estivemos lendo "The host (la huésped)", de Stephany Meyer:
El libro en general nos gustó, es una doble historia de amor en un mundo de ficción.
Con personajes opuestos que tienen que aprender a vivir entre las ¨almas´´.
Con misterio y doble identidad que costará diferenciar.
A pesar de ser un libro muy largo es fácil de leer y muy llevadero.
¿Si tuvieras que luchar por un cuerpo en el que vivir?
¿Podrá el amor sobrevivir al fin del mundo?¿Y a su huesped?
Os lo recomendamos.E para rematar, escollemos o libro "Querido Nadie", que nos deu para falar bastante sobre a actitude da protagonista ante un embarazo non desexado.
E rematamos este curso complementando esta lectura co visionado dun film bastante relacionado: Juno.

Grupo 2º-3ºESO
Comezamos este curso coa lectura de "Pomelo y limón", de Begoña Oro; estas son algunhas das nosas opinións:

- A mi el libro de Pomelo y Limón me gustó porque me gustan las historias de amor y se ve que los protagonistas luchaban por estar juntos. Otra cosa que también me gustó fue el final, que fuera el portero el que acabar escribiendo el libro.
P.D: sigo viendo raro lo de la bufanda.
- A miña opinión sobre o libro de Pomelo e Limón é bastante boa, posto que me gusta bastante a súa historia. Ao principio era un pouco rollo, pero a medida que ías lendo parecíache bastante interesante: os debuxos que lle manda Jorge a María, e o blog de María, que tiña algo que ver con outra rapaza á que lle pasaba o mesmo que a ela.
Na miña opinión, aínda que xuntase dúas historias, o libro é bastante bo. Firmado Nerea Rey (2ºA)
Na 2ª avaliación pasamos a ler "Poderosa", de Sergio Klein:
Xa comezada a 3ª avaliación estivemos lendo "El ordenador asesino", de Christian Grenier:
Grupo 1ºESO Drácula
Este curso, comezamos lendo un libro de medo: "Drácula" de Bram Stocker nunha adaptación de Jesús Cortés; estas son algunhas opinións sobre el:
- A min gustoume o libro e recoméndoo porque é bastante interesante e... a verdade é que da algo de medo pero é moi misterioso. Firmado: Sandra Oubiña Barreiro (1ºESO)
- A min o libro pareceume moi entretido, porque houbo moitas partes de intriga e misterio, pareceume un gran libro. Firmado: Dani Oubiña Meis (1ºESO)
- A min gustoume porque é misterioso un pouco de medo e intriga. A min gustoume moito. Firmado : Damián Martínez (1ºESO)
A continuación estivemos lendo "O misterio das badaladas", de Xabier P. DoCampo:
Foi un libro que nos gustou moito, e que recomendamos a súa lectura.
Finalmente, xunto co grupo de 1º-2º ESO do IES A Basella, lemos: "La increíble historia de la abuela gangster", de David Walliams:
Pareceunos divertido, ás veces un pouco infantil, pero o desenlace resultounos bastante triste e inesperado........
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























