O que máis chamou a atención desta obra foi a dureza coa que a autora relata os feitos. Por iso, decidimos facer participes aos compañeiros con preguntas que invitasen a reflexión. No encerado de cada aula escribimos, sin previo aviso, diferentes preguntas que provocasen un debate.
El placer de leer es doble cuando se vive con otra persona con la que compartir los libros. Katherine Mansfield
14 de junio de 2017
Un monstro vén a verme
Existe o monstro ou vive na mente do protagonista?.
Esta foi a pregunta que intentamos resolver; para iso rastrexamos o texto para ver onde estaba a clave para responder a esta pregunta.
Cal é a técnica narrativa que o autor emprega para manter a nosa atención ata o final?
Non lles resultou sinselo, pois xa desde o principio sabiamos que a morte da nai do protagonista era cuestión de tempo.
Unha gran sesión de literatura.
22 de mayo de 2017
Club de lectura 1º de ESO
O primeiro libro que lemos no Club de lectura foi Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure.
É unha novela que fala da historia de superación dun neno saharaui sordo que vive nun campamento no deserto do Sáhara.
Este neno comprende o que din as persoas porque sabe ler os beizos. Por esta razón pensa que un camelo chamado Caramelo lle dicía poemas árabes.
Este libro gustounos moito pola historia ten realista que ten. Recomendámosllo a todos os apaixonados da lectura.
Aquí tendes os vídeos de promoción do libro que fixemos
Tamén redactamos e gravamos as nosas palabras de caramelo. Aquí podedes escoitalas.
4 de abril de 2017
Justicia de Michael J. Sandel

Os alumnos do club de lectura de 3º e 4º da ESO, tras ler a obra Justicia, decidimos realizar un pequeno proxecto en forma de vídeo. Nel plantexamos diversas cuestións que xurdiron a raíz da lectura para provocar reflexións na xente.
13 de marzo de 2017
Visita de Manuel Gago
Este ano, no club de lectura de adultos, tivemos o pracer de contar na nosa sesión co autor do Anxo negro, Manuel Gago.
3 de febrero de 2017
CLUB DE ADULTOS
IMAXES DO ROTEIRO
CLUB DE LECTURA 2016-2017
Este curso académico, o club de lectura está constituído por catro grupos escolares e un grupo de adultos.
Os grupos de alumnos son:
- 1º da ESO.
- 2º da ESO.
- 2º da ESO con alumnos de 3º da ESO.
- 3º da ESO con alumnos de 4º ESO.
- Club de adultos (profesores, persoal administrativo e pais).
Benvidos a un novo ano de lecturas apaixoantes no que vos manteremos informados puntualmente das novas que vaian xurdindo en cada grupo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











