22 de mayo de 2017

Club de lectura 1º de ESO



O primeiro libro que lemos no Club de lectura foi Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure.
É unha novela que fala da historia de superación dun neno saharaui sordo que vive nun campamento no deserto do Sáhara.
Este neno comprende o que din as persoas porque sabe ler os beizos. Por esta razón pensa que un camelo chamado Caramelo lle dicía poemas árabes.
Este libro gustounos moito pola historia ten realista que ten. Recomendámosllo a todos os apaixonados da lectura.

Aquí tendes os vídeos de promoción do libro que fixemos
                                                           





Tamén redactamos e gravamos as nosas palabras de caramelo. Aquí podedes escoitalas.

4 de abril de 2017

Justicia de Michael J. Sandel



Os alumnos do club de lectura de 3º e 4º da ESO, tras ler a obra Justicia, decidimos realizar un pequeno proxecto en forma de vídeo. Nel plantexamos diversas cuestións que xurdiron a raíz da lectura para provocar reflexións na xente.





13 de marzo de 2017

Visita de Manuel Gago


Este ano, no club de lectura de adultos, tivemos o pracer de contar na nosa sesión co autor do Anxo negro, Manuel Gago.

3 de febrero de 2017

CLUB DE ADULTOS


http://www.librolibro.es/images/portadas/O_anxo_negro-Gago_Manuel-9788499149851.jpgO club de lectura de adultos do IES Faro das Lúas vén de concluír a súa lectura. A escolla, “O Anxo negro”, de Manuel Gago. Logo do lecer da lectura e desta apaixonante trama ambientada no roubo de imaxes sacras a fins do século pasado, os membros do club fixemos un roteiro contando coa inestimable presenza do autor. Comezamos polo mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, tamén por un dos cruceiros máis antigos de Galicia, pasamos polo castelo natural cravado nas rochas e penedos da serra que abriga a Esteiro, alí xogamos ao “alquerque” cos vixías da ría . Descubrimos unha estatua granítica que estivo soterrada no prebisterio da capela do Espírito Santo en Muros, cunha lenda que garda moitas concomitancias coa novela. Tomamos unha cervexa no “Bar Pirata” de Caldebarcos, o “drake” na ficción, xunto co catalán Jordi Jato (Andreu Meis), para percorrer as rúas de Corcubión da man de Alejandro Lamas, o Nicolás Bren que máis sabe da presenza dos corsarios pola costa da morte; rematando en San Pedro de Buxantes, Dumbría. Un roteiro que fixo mais saborosa a lectura do Anxo Negro.




IMAXES DO ROTEIRO















CLUB DE LECTURA 2016-2017





Este curso académico, o club de lectura está constituído por catro grupos escolares e un grupo de adultos.

Os grupos de alumnos son:

  • 1º da ESO.
  • 2º da ESO.
  • 2º da ESO con alumnos de 3º da ESO.
  • 3º da ESO con alumnos de 4º ESO.
  • Club de adultos (profesores, persoal administrativo e pais).

Benvidos a un novo ano de lecturas apaixoantes no que vos manteremos informados puntualmente das novas que vaian xurdindo en cada grupo.




4 de julio de 2016

ACABA O CURSO E VOLTA... O CLUB DE VERÁN!!!!


     Este verán imos ler un libro cuxa temática son as Redes Sociais... "El libro de los rostros", de Ana Alonso e Javier Pelegrín.

Esperemos disfrutalo moito e tamén dun gran verán !!!!

FELICES VACACIÓNS
 E...
FELICES LECTURAS !!!

14 de marzo de 2016

Club de Adultos

    Poñemos en funcionamento por primeira vez no centro un Club de lectura de adultos, aberto a toda a comunidade educativa: antiguos alumnos, pais e nais, persoal non docente, profesores/as, ... que está sendo moi activo:

Comezamos lendo "A praia dos afogados" de Domingo Villar

Despois "Seda", de Alessandro Baricco:

A continuación "Marina" de Carlos Ruiz-Zafón:
Posteriormente, dividímonos en grupos para ler estes dous títulos:


E finalizamos cun libro de relatos, escrito pola académica española Soledad Puértolas: "El fin"

Rematamos o curso, con gañas de retomar este Club de Adultos á volta do verán, pois foron unhas reunións moi agradables, nas que nos fomos coñecendo, compartindo impresións, gustos, coñecementos, sentimentos, ...