Este curso comezou a andaina o club do IES A Basella, os nosos alumnos de 4º ESO se continúan bacharelato o fan neste centro. Por éste razón consideramos que podería ser interesante que coñecesen aos participantes do seu club, xa que poderían continuar lendo con eles o vindeiro curso.
Con isto tratamos de unir lazos e potenciar a realización de actividades conxuntas, que é unha das liñas directrices de ambos clubs para o vindeiro curso académico.
O venres 12 de xuño fomos cos catro alumnos de 4º ESO ata a Basella durante o tempo do seu segundo recreo. Coñeceron a dúas das alumnas de bacharelato, unhas grandísimas lectoras e a Raquel, a profesora coordinadora. Recomendáronse lecturas, falaron das que máis lle tiñan gustado e compartiron un rato de charla sobre cada un dos clubes.
Foi unha bonita experiencia que pensamos repetir e de ser posible ampliar con visitas, roteiros...
El placer de leer es doble cuando se vive con otra persona con la que compartir los libros. Katherine Mansfield
22 de junio de 2015
Lecturas do 3º trimestre
Estos son os libros que leron os grupos de 1º e 2º ESO. Un dos grupos comezou a ler a segunda parte de Dragal, pero como non ía dar tempo o deixaron para o vindeiro curso e colleron un menos voluminoso e clásico: Drácula! Incorporamos a profesora Marta coa lectura do libro de Pepe Carreiro, estemos encantados de que se animase a participar!
O grupo de 3º e 4º puido escoller cada un un comic diferente: "Tamara, mi primera vez", "Solos", "Pedro y el lobo", "A mansión dos pampín", "Flores desde Hiroshima", "El azul es un color cálido", "Arrugas", "Enciclopedia de la Tierra Temprana", "El viaje del Skleton", como xa veu sendo a tónica habitual deste curso éste grupo non funcionou tampouca ben, xa que cos exames non puideron adicarlle tempo ó club. Unha mágoa.
12 de mayo de 2015
2º trimestre: Apocalipse Z, o comezo da fin
Apocalipse Z: o comezo da fin; é o primeiro da saga, e xa está traducido ó galego.
Este grupo non está funcionando ben, sobre todo en vir as reunións, propoñer lecturas, actividades... Interese hai, pero falta arranque e compromiso...
Isto demóstrase en que só dúas persoas do grupo acabamos o libro, eu (a profe) e unha alumna moi lectora. A ambas gustounos, e persoalmente gustaríame completar a triloxía...probablemente será unha lectura de praia no verán!
Penso que non se trata tanto cal sexa a lectura, é máis tomalo en serio, participar...
A ver que nos decanta o terceiro trimestre, espero que sexa máis productivo!
2º trimestre: DRAGAL, a herdanza do dragón
Un grupo de alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO neste segundo trimestre leu "Dragal: a herdanza do dragón"
Foi unha recomendación da profesora de galego, o cal lle agradecemos moito, porque cumplía as suxestións dos alumnos a alumnas.
Querían ler un libro fantástico, con lendas, guerreiros, aventuras... e éste libro cumpre éstes requisitos á perfección.
Ademáis eles mesmos suxeriron o profesor que querían que os acompañase na lectura, aínda que custou un pouquiño convencelo, finalmente Isidoro acompañounos na lectura desta novela.
Ademáis existe moito material para facer actividades extra. Como xogos!
Na seguinte ligazón podedes ver un mapa no cal se foron rexistrando lugares que concordan coa lectura...deberíamos incluír algúns da nosa comarca!
A editorial xerais xa sacou a continuación: a estirpe do dragón...seguiremos lendo estas aventuras?

2º trimestre: Buenos días, princesa
Neste pasado trimestre os alumnos dun grupo de 1º e 2º leron o bestseller "Buenos días, princesa"
Algúns queren continuar coa segunda parte, pero iso é algo que aínda temos que decidir entre todos. Á profesora Carmen, que o leu canda eles non lle gustou demasiado, parece que lle recordaba moito ás series para adolescentes...pero bueno...un pouco tamén se trata diso...
Como hai unha película recente baseada na novela quedamos en vela e comentar canto de parecido hai entre o guión (proposta cinematográfica) e a novela en sí mesma.
Así puidemos dicir que "as pesoaxes para nós non están de todo ben escollidas e que a personalidade dalgúns deles non se corresponde coa interpretación que fixemos durante a nosa lectura"
3 de febrero de 2015
Os nosos finais alternativos para "Crónicas Vampíricas"
O libro que lemos: Crónicas Vampíricas: Despertar é o primeiro dunha saga...como non nos gustou demasiado non imos seguir lendo os seguintes, así que...
Como actividade de final da lectura cada grupiño de nos propuso un final á historia. Sairon cousas realmente interesantes.
Velaí van os finais para que xulguedes vos mesmos:
# Salen da súa casa por causa da oscuridade dun eclipse de sol que pouco despois se desvanece, o que fai que MORRAN TODOS entre un terrible sufrimento. Pero as cinsas de Elena son levadas ó Polo Norte onde se rexeneran. De ahí sae unha vampira que condenará á humanidade a desgracias e unha terrible morte.
# Despois dun instante o ceo énchese de nubes. Elena sae e empeza a nevar. A neve é tan fría que pouco a pouco se conxela ata que o seu corpo conxelado queda enterrado na neve.
# Elena síntese atraída polo irmán de Stefan, ela decide ser tamén vampiro e él convírtea. Os dous enamorados queren matar a Stefan.
# MORREN TODOS
# De repente cesó de nevar e o ceo oscureceuse e unha oleada de vento lévase a Elena polo ceo e se estrella contra unha árbore e morre,
# Elena farta de todo convírtese en supervampira e vai matando a xente do pobo facéndose máis e máis forte. Engana aos dous irmáns e os mata.
Como vedes...somos bastante aniquiladores...será porque non nos gustou a novela? Iso parece non?

21 de enero de 2015
As lecturas do primeiro trimestre
No primeiro trimestre entre unhas cousas e outras non movemos moito o blog...pero imos darlle un pouco de pulo.
Despois de nos dividir en tres grupos, decidimos por votación as lecturas, que son as seguintes:
Un dous grupos de 1º e 2º ESO está lendo "Vaiche boa!". Xa o curso pasado tivo moi boa acollida este libro, e parece que neste curso tamén lles está gustando. Estan a piques de rematar, cal será o seguinte?
O outro grupo de alumnos de 1º e 2º ESO leu "Crónicas vampíricas". Éste libro non tivo tan boa acollida. As palabras de Eva son moi ilustrativas: "Profe é que o libro...parece...non sei! como escrito por un de nós". Tamén vimos algún fragmento do primeiro capítulo da serie baseada no libro, e tampouco nos gustou nadiña! Son todos tan superficiais, e os actores pensamos que non están ben escollidos.
E o grupo de 3º e 4º ESO están lendo "El sabueso de los Baskerville". Case, case, rematado xa. José Antonio, que e o profe que os leva, nunca nos defrauda coa súa orixinalidade enfocando as actividades derivadas do libro, parece que está pensando en facer unha posta en escea tipo "performance". Estamos moi intrigados!
Lamentablemente xa houbo algunha baixa no grupo de 1º e 2º, pero tamén algunha nova incorporación.
Seguimos abertos a quen se queira apuntar, por suposto!
Despois de nos dividir en tres grupos, decidimos por votación as lecturas, que son as seguintes:
Un dous grupos de 1º e 2º ESO está lendo "Vaiche boa!". Xa o curso pasado tivo moi boa acollida este libro, e parece que neste curso tamén lles está gustando. Estan a piques de rematar, cal será o seguinte?
E o grupo de 3º e 4º ESO están lendo "El sabueso de los Baskerville". Case, case, rematado xa. José Antonio, que e o profe que os leva, nunca nos defrauda coa súa orixinalidade enfocando as actividades derivadas do libro, parece que está pensando en facer unha posta en escea tipo "performance". Estamos moi intrigados!
Lamentablemente xa houbo algunha baixa no grupo de 1º e 2º, pero tamén algunha nova incorporación.
Seguimos abertos a quen se queira apuntar, por suposto!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)